«Temos moito respeto ós asturianos, a igualdade na liga é grande» Juan Copa (Adestrador do Patín Cerceda)

(Prensa Patín Cerceda) Volta á súa pista do Pazo de Deportes Presidente González Laxe trala dobre xornada fóra o C. P. Cerceda, pero coa tranquilidade de manterse invictos e sendo líderes da categoría. Precisamente por iso, Juan Copa non quere que a euforia se apodere do conxunto coruñés e di que “para nós é unha anécdota, realmente non significa case nada, unicamente que ningún equipo foi quen de gañar tres partidos seguidos, así que iso demostra a igualdade da categoría”.

No partido do vindeiro domingo os coruñeses reciben ó F. M. Oviedo Roller H. C., unha formación con moita xuventude e que na tempada pasada puxo en moitos a apuros ó C. P. Cerceda. “Témoslle moito respeto ós asturianos e penso que nos vai costar moitísimo gañar, polo que debemos manter a actitude dos partidos anteriores”, afirma Juan Copa.

Por último mencionar o cambio de hora con respecto ó anterior partido, xa que a petición dos ovetenses o encontro iniciaráse ás 13:00 horas.

Convocatoria C. P. Cerceda

Porteiros: Iñaki Ojanguren, Martín Barrós.

Defensas: Chus Gende, Jorge González.

Medios: José Ramón López, Sergio Huelves.

Dianteiros: Juan Fariza, Jacobo Mantiñán, David Torres e Martín Payero.

Datos do partido

Domingo, 18 de novembro | 13:00 horas

C. P. Cerceda-F. M. Oviedo Roller H. C.

Pazo de Deportes Presidente González Laxe de Cerceda

 

Previous post El Liceo recibe a uno de los grandes
Next post Sentidiño…

Deja una respuesta