«Pese a derrota saimos reforzados deste encontro» Juan Copa (Adestrador de Patín Cerceda)

Juan Copa queixouse do número de faltas sancionadas ó seu equipo

Ó remate do partido que o Patín Cerceda perdeu en Vilafranca (4-3) despois de ir gañando ata por 0-3,  Juan Copa adestrador do equipo galego declarou que  “fixemos unha magnífica primeira metade, pero na continuación houbo moitas situacións que nos perxudicaron, sobre todo a nivel de faltas. Nós non obtivemos durante os 50 minutos de xogo ningunha vantaxe por penalti ou falta directa, rematando con cáseque o triple de faltas que o Vilafranca. De tódolos xeitos, saímos reforzados deste encontro e xa agardamos a visita do líder á nosa pista”.

Previous post Pese a lo abultado del resultado, el Borbolla plantó cara a la Campeonas de Europa
Next post El COE concede su medalla a Josep Lamas y Toni Pérez

Deja una respuesta