Ó remate do partido que o Patín Cerceda perdeu en Vilafranca (4-3) despois de ir gañando ata por 0-3, Juan Copa adestrador do equipo galego declarou que “fixemos unha magnífica primeira metade, pero na continuación houbo moitas situacións que nos perxudicaron, sobre todo a nivel de faltas. Nós non obtivemos durante os 50 minutos de xogo ningunha vantaxe por penalti ou falta directa, rematando con cáseque o triple de faltas que o Vilafranca. De tódolos xeitos, saímos reforzados deste encontro e xa agardamos a visita do líder á nosa pista”.