NOTA DE PRENSA | XORNADA 21
HÓCKEY A PATÍNS | PRIMEIRA DIVISIÓN
18 de marzo de 2012
O Clube Patín Cerceda gaña nunha canha moi complicada
Importante victoria a conseguida polo Clube Patín Cerceda este sábado no Polideportivo Municipal de Grado ante o C.H. Areces, cun resultado de 2-5 que fai xustiza ó xogo desenvolvido por ámbolos dous equipos.
O equipo galego encarrilaba o encontro xa na primeira metade con dous goles de José Ramón López (minuto 2) e Jacobo Mantiñá (minuto 16). Finalmente e a pesar das dúbidas, López podía xogar, sendo decisiva a súa presencia no xogo.
No segundo tempo empataba o partido o C.H. Areces a falta de dez minutos para o remate. Un penalti e unha falta directa erradas polos asturianos daban folgos ós de Juan Copa, que xogaron moi ben o contragolpe e fixeron tres tantos máis, un deles de falta directa, situación esta na que estaban fallando os coruñeses nos últimos partidos. David Torres (minuto 18), José Ramón López de novo (minuto 20) e José Barreiro (minuto 25) foron os goleadores na segunda metade, rematando o encontro co 2-5.
Juan Copa estaba moi contento polo xogo e o resultado acadado pois “fixemos un gran partido sabendo resolver cando nos empataron. Hai que destacar o saber estar dos xogadores con menos experiencia procedentes das categorías de base do clube, xa que nos axudaron moito así como o gran labor que fixo o porteiro, Adrián Vallina, que estivo sensacional”.