NOTA DE PRENSA | PREVIO XORNADA 21

HÓCKEY A PATÍNS | PRIMEIRA DIVISIÓN

16 de marzo de 2012

O Clube Patín Cerceda visita a pista do C.H. Areces

O equipo galego acude mañá (sábado 17 de marzo, 20:30 horas) ó Polideportivo Municipal da localidade asturiana de Grado, onde disputará o encontro da xornada 21 contra un dos históricos do hóckey nacional, o C.H. Areces, polo que este é un dos desprazamentos máis curtos que ten o Clube Patín Cerceda.

Os dous equipos marchan parellos na clasificación, xa que mentres os galegos ocupan a duodécima praza, os asturianos son decimoterceiros. O Clube Patín Cerceda acude a Grado coa dúbida de José Ramón López, que durante toda a semana non puido adestrar por mor dunha tendinite.

Juan Copa, adestrador do C.P. Cerceda di que “os asturianos son un equipo moi forte na súa pista. Aínda así, trataremos de traer algo positivo. De cara a este encontro, convocamos de novo o xuvenil Víctor Martínez”.

Previous post El Liceo se juega el pase a la Final a ocho ante el Oporto (sábado a las 18 horas; Palacio de los deportes de Riazor)
Next post O Cerceda sobrevive ás baíxas e vence en Asturias

Deja una respuesta