Juan Copa: «Ímoslle dar continuidade a Iñaki Ojanguren, Vallina está tocado» (Adestrador do Cerceda)

NOTA DE PRENSA | PREVIO XORNADA 25

HÓCKEY A PATÍNS | PRIMEIRA DIVISIÓN

20 de abril de 2012

O Clube Patín Cerceda xoga ante o colista

Longo desprazamento o que debe afrontar esta tarde o C.P. Cerceda para visitar ó C.P.P. Raspeig (sábado 21 de abril, 18:00 horas) no polideportivo municipal da localidade alicantina.

A pesar de ser o colista da categoría, no equipo de Juan Copa son conscientes de que non será doado obter a victoria, pois o C.P.P. Raspeig aínda pode acadar a salvación.

“Os de Alicante van sair moi concentrados porque hai moito en xogo, pero nós trataremos de traer os tres puntos para Cerceda. De cara ó encontro incorporamos a Chus Gende, que xa está recuperado da lesión, e a David Torres, que foi baixa a pasada semana por atoparse no sector xuvenil. Ademais ímoslle dar continuidade ó porteiro Iñaki Ojanguren, pois Adrián Vallina viaxa algo tocado, polo que pode ser baixa”, comentaba antes de partir en autobús o adestrador do C.P. Cerceda (Juan Copa).

Previous post Un maratón, el derby y una cerveza
Next post Ricardo Barreiros se va del Liceo a final de temporada y firma tres años con el Oporto

Un pensamiento en “Juan Copa: «Ímoslle dar continuidade a Iñaki Ojanguren, Vallina está tocado» (Adestrador do Cerceda)

Deja una respuesta