«É o derradeiro encontro na casa antes do descanso de Nadal, non podemos desaproveitalo» Juan Copa (Adestrador do Patín Cerceda)

José Ramón, Martín Payero y Juan Fariza celebran un gol

(Fuente: Prensa Patín Cerceda) Aínda coa mala sensación que deixou a derrota da pasada semana en Vilafranca, o C. P. Cerceda trata de esquecelo canto antes pois mañá recibe ó líder da categoría, o C. H. Mataró, que con 15 puntos se atopa na primeira praza empatado co P. H. C. Sant Cugat. Os coruñeses son terceiros con 11 puntos, polo que aínda gañando non poderían superar ós cataláns.

Para Juan Copa, este é “un partido difícil porque os de Mataró teñen un bo equipo con excelentes xogadores, que van estar arriba na clasificación ó remate da competición. Pola nosa banda temos que ser serios no xogo e sair moi concentrados. É o derradeiro encontro na casa antes do descanso de Nadal, así que non podemos desaproveitalo”.

O partido muda de día e hora con respecto ó habitual, polo que se disputará este venres ás 20:30 horas.

Convocatoria C. P. Cerceda

Porteiros: Martín Barrós, Iñaki Ojanguren.

Defensas: Chus Gende, Jorge González.

Medios: Martín Payero, José Ramón López, Sergio Huelves.

Dianteiros: Juan Fariza, Jacobo Mantiñán, David Torres.

Venres, 7 de decembro | 20:30 horas

C. P. Cerceda-C. H. Mataró

Pazo de Deportes Presidente González Laxe de Cerceda

Previous post Previa Jornada 11: El Liceo visita el Ateneo Agrícola de Noia mientras el Barça recibe al Blanes
Next post Plantilla y cuerpo técnico del Liceo visitan el stand que el club coruñés tiene en FEMAGA 2012

Deja una respuesta