NOTA DE PRENSA | XORNADA 26

HÓCKEY A PATÍNS | PRIMEIRA DIVISIÓN

29 de abril de 2012

O Clube Patín Cerceda perde en Pamplona ante o San Antonio por 5-3

No seu segundo desprazamento consecutivo o C.P. Cerceda perdeu ante o San Antonio por 5-3 tras empezar o encontro con mal pé, pois ós tres minutos de xogo xa gañaban os locais por 2-0, chegando ó descanso cun 3-0 que facía complicada a remontada.

No inicio do segundo tempo o C.P. Cerceda acurtaba diferencias por medio de Adrián Boo pero de novo outro gol do San Antonio colocaba a 15 minutos para o final un 4-1 moi difícil de recuperar. Adrián Boo marcaba de falta directa a tres minutos da conclusión, rematando o encontro con un gol máis de cada equipo, sendo polos coruñeses o autor do mesmo Jacobo Mantiñán no derradeiro minuto de xogo.

Juan Copa, adestrador do C.P. Cerceda, dicía ó remate do partido que “comezamos mal aínda que no segundo periodo melloramos moito. Ó final penso que neste tipo de partidos sempre está motivado aquel equipo que ten algo polo que loitar, polo que en certo modo é lóxico o resultado dos dous últimos encontros. Ademais aproveitamos para alternar na portería a Iñaki Ojanguren e Martín Martínez, que habitualmente contan con menos minutos que o resto”.

A próxima semana non haberá xornada na Primeira División ó disputarse o Campionato de España Junior na localidade asturiana de Grado, ó cal acude o C.P. Cerceda.

Previous post Hoy vuelve la OK Liga con el Liceo – Shum a las 21 horas (Resultados y clasificación)
Next post Cerceda y Órdenes bajan el ritmo ante la ausencia de objetivos

Deja una respuesta