“Chegamos ó descanso do Nadal co obxectivo cumprido de pelexar e estar nos postos de arriba” Juan Copa (Adestrador do Patín Cerceda)

(Prensa Patín Cerceda)  Intachable comportamento o que está tendo ata momento o CP Cerceda cando se levan disputadas oito xornadas da competición de Primeira División, onde os coruñeses son terceiros na clasificación, pero a tan só un punto do líder. De feito, a formación que dirixe Juan Copa xa forma parte dun grupo de cinco equipos que tentan abrir unha brecha sobre o resto de conxuntos, pois a diferencia empeza a ser apreciable, sendo seguramente os que se xogarán as tres prazas de ascenso. Non obstante, calquera erro nos tres partidos que restan da primeira volta podería aumentar a nómina de equipos que tentan o cambio de categoría.

Os xogadores do Patín Cerceda durante un partido

Juan Copa fai unha análise dos encontros disputados ata o momento: “Chegamos ó descanso do Nadal co obxectivo cumprido de pelexar e estar nos postos de arriba da clasificación. Neste intre hai un grupo de equipos con moita igualdade do que formamos parte, así que é para atoparse contentos e satisfeitos. Temos todo ben encarrilado, xa que o equipo está nunha posición estable, onde realmente queríamos ó comezo da liga. Ademais o balance é magnífico, cunha soa derrota. O descanso da competición vainos vir ben para recargar enerxías e adestrar”.

O equipo non descarta estar na Copa Príncipe, que ó remate da primeira volta xogarán os tres primeiros clasificados mailo clube organizador, pero “tampouco é un obxectivo que nos preocupe. Se chega, benvido sexa, pero debemos seguirafrontando o que resta coa mesma calma e humildade mostradas ata agora”, di Juan Copa.

O equipo coruñés terá tres partidos na casa no mes de xaneiro e un único desprazamento a Alcobendas. Tendo en conta eso, é sumamente importante sumar a meirande parte

Previous post Importante donativo del fotógrafo artístico Enrique Duarte a la Asociación Benéfica “Renacer”
Next post Nace la Peña Carlos Gil en honor al entrenador argentino del Liceo

Un pensamiento en ““Chegamos ó descanso do Nadal co obxectivo cumprido de pelexar e estar nos postos de arriba” Juan Copa (Adestrador do Patín Cerceda)

Deja una respuesta