(Prensa Patín Cerceda) Intachable comportamento o que está tendo ata momento o CP Cerceda cando se levan disputadas oito xornadas da competición de Primeira División, onde os coruñeses son terceiros na clasificación, pero a tan só un punto do líder. De feito, a formación que dirixe Juan Copa xa forma parte dun grupo de cinco equipos que tentan abrir unha brecha sobre o resto de conxuntos, pois a diferencia empeza a ser apreciable, sendo seguramente os que se xogarán as tres prazas de ascenso. Non obstante, calquera erro nos tres partidos que restan da primeira volta podería aumentar a nómina de equipos que tentan o cambio de categoría.
Juan Copa fai unha análise dos encontros disputados ata o momento: “Chegamos ó descanso do Nadal co obxectivo cumprido de pelexar e estar nos postos de arriba da clasificación. Neste intre hai un grupo de equipos con moita igualdade do que formamos parte, así que é para atoparse contentos e satisfeitos. Temos todo ben encarrilado, xa que o equipo está nunha posición estable, onde realmente queríamos ó comezo da liga. Ademais o balance é magnífico, cunha soa derrota. O descanso da competición vainos vir ben para recargar enerxías e adestrar”.
O equipo non descarta estar na Copa Príncipe, que ó remate da primeira volta xogarán os tres primeiros clasificados mailo clube organizador, pero “tampouco é un obxectivo que nos preocupe. Se chega, benvido sexa, pero debemos seguirafrontando o que resta coa mesma calma e humildade mostradas ata agora”, di Juan Copa.
O equipo coruñés terá tres partidos na casa no mes de xaneiro e un único desprazamento a Alcobendas. Tendo en conta eso, é sumamente importante sumar a meirande parte
Un pensamiento en ““Chegamos ó descanso do Nadal co obxectivo cumprido de pelexar e estar nos postos de arriba” Juan Copa (Adestrador do Patín Cerceda)”
Deja una respuesta
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.
Juan Copa habla galego?, no me lo creo…