O CIFP Imaxe e Son da Coruña celebra este mércores 20 de maio, ás 18:30 horas no Forum Metropolitano, unha nova edición da Gala EIS Carballeira, a cita histórica coa que o centro recoñece os mellores proxectos audiovisuais realizados polo alumnado de 2º curso.

A gala, organizada integramente polo estudantado de 1º dos ciclos de Produción, Realización, Imaxe e Son, entregará quince premios en distintas categorías vinculadas ao audiovisual e aos espectáculos. Entre os finalistas figuran traballos como Acala, A morte vermella, Barroco, Soplarei, Soplarei ou Miraxes.

Fotos realizadas no teatro (no seu estado actual) polo alumno de ICTI Alejandro Lorenzo Naya como protesta pola situación
O evento volverá celebrarse fóra do centro debido á situación do teatro da escola, pechado desde hai dous anos pola paralización das obras de reforma e eliminación do radón. O alumnado continúa reclamando un espazo escénico operativo baixo a campaña #teatronaeisxa.

As imaxes do teatro no seu estado actual foron realizadas polo alumno de ICTI Alejandro Lorenzo Naya.

Constituido el I Foro Social del Real Club Deportivo de La Coruña Previous post Constituido el I Foro Social del Real Club Deportivo de La Coruña
Fedellando.com
Resumen de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia mientras navega por el sitio web. Fuera de estas cookies, las cookies que se clasifican como necesarias se almacenan en su navegador, ya que son esenciales para el funcionamiento de las funcionalidades básicas del sitio web. También utilizamos cookies de terceros que nos ayudan a analizar y comprender cómo utiliza este sitio web. Estas cookies se almacenarán en su navegador solo con su consentimiento. También tiene la opción de optar por no recibir estas cookies. Pero la exclusión voluntaria de algunas de estas cookies puede afectar su experiencia de navegación.