NOTA DE PRENSA

HÓCKEY A PATÍNS | CATEGORÍAS DE BASE

21 de marzo de 2012

Os equipos Júnior e Xuvenil do Clube Patín Cerceda, campións da Liga Autonómica

Os equipos das categorías de base do Clube Patín Cerceda, concretamente o Júnior e o Xuvenil, xa son campións de Galicia na Liga Autonómica que rematará esta próxima fin de semana, pero na que ámbolos dous conxuntos descansarán ó estar formadas as mesmas por equipos impares.

Júnior

Son campións cunha soa derrota e dous empates nos 16 partidos disputados e xunto ó H.C. Liceo e C.P. Ordes xogarán a fase de sector no Polideportivo Presidente González Laxe de Cerceda os días 6, 7, e 8 de abril. Canda eles estarán os representantes asturianos (C.P. Areces de Grado, F.M. Oviedo e Biesca Gijón). Os seis conxuntos loitarán por dúas prazas para o Campionato de España, que se levará a cabo en Grado do 4 ó 6 de maio.

Xuvenil

No que atinxe a este equipo, citar que nos 16 partidos só cederon unha derrota, gañando o resto de encontros. O sector interautonómico, para o que están clasificados xunto a Compañía de María, H.C. Liceo e H.C. Raxoi Grupo Jesús Babio por parte galega, será en A Coruña os días 13, 14 e 15 de abril no Pabillón de Monte Alto. Tamén están clasificados os asturianos F.M. Oviedo e C.P. La Corredoria, pasando os dous mellores ó sector nacional de Pamplona (11 ó 13 de maio).

Agora só resta agardar que o bo xogo desenvolvido ata o momento sitúe as dúas formacións nos campionatos de España, deixando unha vez máis boa mostra da inagotable canteira do Clube Patín Cerceda e o seu magnífico traballo de base.

Previous post El hockey de calidad…también en Autonómica (Por Hugo García, Jugador del Liceo de Liga Gallega)
Next post “Se pierda ó se gane, aún no estará nada decidido” Entrevista con Adrián Miro (Jugador del Compañía de María)

Un pensamiento en “Sectores Junior e Xuvenil (Nota de Prensa do CP Cerceda)

Deja una respuesta