(Fonte: www.hockeyclubliceo.com) Os xogadores do Coinasa Liceo, Eduard Lamas, Pablo Añón e Josep Lamas, formarán parte no calendario 2013 dos deportistas galegos.O almanaque, que se repartirá este Nadal, entre outros, amosa as fotos de dous xogadores liceístas.O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e a xefa de Relacións Externas da empresa Begano, a embotelladora para Galicia de Coca-Cola, presentaron hoxe o calendario 2013 “Galegos e Campións”, que reúne a campións galegos en varias disciplinas deportivas (hóckey, atletismo, fútbol, vela…).
Na súa intervención, José Ramón Lete Lasa destacou que o almanaque “ven atestado de éxitos deportivos que, desde xaneiro a decembro, teñen detrás enormes doses de esforzo, de sacrificio, de tesón e de espírito deportivo”. “Unhas cualidades –dixo- que os nosos deportistas atesouran e que ben merecen o apoio e o traballo de todos”.
O secretario xeral para o Deporte subliñou os éxitos internacionais e os triunfos olímpicos e paralímpicos acadados polos representantes galegos e “dos que todos nos sentimos orgullosos”. Ao mesmo tempo recoñeceu á empresa Begano o seu compromiso e responsabilidade.