Encontro xogado de poder a poder entre o Raspeig e o Cerceda que rematou, tras moita incertidumbre ó longo do mesmo e con cambios constantes no marcador, coa victoria dos galegos por 5-6, decidindo os tres puntos para os visitantes un tanto de David Torres de penalti no minuto final.

Nun primeiro periodo xogado con moita intensidade, eran os locais quen se adiataban primeiro, pero na seguinte xogada respondía o Patín Cerceda empatando por medio de Juan Fariza. Mediada a primera metade, era Jacobo Mantiñán o que conseguía colocar por diante ós galegos, pero dous goles practicamente consecutivos do Raspeig        daban nova vantaxe ós levantinos a piques de chegar ó descanso, antes do cal Chus Gende facía o tanto do empate para situar no marcador o 3-3.

Juan Fariza foi unha peza clave para que o Cerceda gañase ó Raspeig
Juan Fariza foi unha peza clave para que o Cerceda gañase ó Raspeig.

A continuación comezaba do mesmo xeito que o periodo anterior. A décima falta do Raspeig non era aproveitada por José Ramón López chegando no seguinte minuto un novo tanto dos locais que obtiña rápida resposta, pois Juan Fariza empataba outra vez tan só tres minutos despois.

A cinco minutos para o final David Torres erraba outra falta directa e na seguinte xogada marcaban os de Alicante poñéndose por diante cunha directa, pero David Torres respostaba medio minuto máis tarde para empatar outra vez. O encontro estaba tolo e con  menos de cinco minutos podía pasar de todo. E de feito sucedeu a favor dos galegos, pois David Torres nun derradeiro minuto angustioso marcaba o tanto da victoria de penalti, polo que a pesar da baixa de Martín Payero, o Cerceda conseguía traer os tres puntos para Galicia.

Juan Copa declaraba ó final “que o equipo non se conformou co empate e foi pola victoria, rematando así esta primeira fase da competición cun excelente balance. Hoxe non estivemos moi atinados en defensa, pero o ataque funcionou ben, o que nos serviu para gañar”.

Agora a competición detense ata mediados de xaneiro, retornando á competición o segundo fin de semana co encontro na casa ante o C. P. Areces.

Goles:

1-0 Minuto 7, Jaume Arche.

1-1 Minuto 7, Juan Fariza.

1-2 Minuto 13, Jacobo Mantiñán.

2-2 Minuto 22, Héctor Bordonado.

3-2 Minuto 23, Jaume Arche.

3-3 Minuto 25, Chus Gende.

4-3 Minuto 28, Vicente Martí.

4-4 Minuto 31, Juan Fariza.

5-4 Minuto 45, Jaume Arche de falta directa.

5-5 Minuto 45, David Torres.

5-6 Minuto 50, David Torres, de penalti.

Previous post El Liceo despierta tras el descanso y termina goleando al Geneve suizo (8-2)
Next post El Borbolla no pudo sorprender al líder

Deja una respuesta