NOTA DE PRENSA | XORNADA 27

HÓCKEY A PATÍNS | PRIMEIRA DIVISIÓN

12 de maio de 2012

O C. P. Cerceda, Subcampión de España Xuvenil

Novamente o C.P. Cerceda volveu acadar un magnífico resultado nun Campionato de España de categorías de base, pois o equipo coruñés, tal e como fixera o Júnior a pasada semana, conseguía o subcampionato de España en Pamplona este domingo pola mañá.

O torneo comezaba cunha derrota por 3-2 ante o poderoso F.C. Barcelona, gañando os outros dous partidos do seu grupo ante C.D. Aurrerá por 7-0 e ante Santa María del Pilar por 7-5, o que garantizaba o paso a semifinal, na que vencían ó Reus Deportiu por 4-3, logrando así o pase á final ante o F.C. Barcelona.

Con moito cansanzo físico acumulado nos tres días de competición, os galegos sucumbían por 6-0 ante os cataláns, pero aínda así o resultado supón un éxito para o clube cercedense, que volve demostrar o magnífico traballo desenvolvido coa súa canteira de xogadores.

Por outra banda, na Primeira División Nacional o C.P. Cerceda perdía ante o Ercros Vila-Seca por 4-6 no partido disputando onte no Pavillón Presidente González Laxe. Os locais chegaban ó descanso gañando 4-2, pero no segundo tempo os visitantes foron superiores e acabaron levándose a victoria.

Previous post Un sobresaliente Liceo se ensaña con el Reus (9-2)
Next post El Liceo obtiene la cuarta plaza en el Campeonato de España Juvenil

Deja una respuesta