NOTA DE PRENSA | XORNADA 30

HÓCKEY A PATÍNS | PRIMEIRA DIVISIÓN

3 de xuño de 2012

O C.P. Cerceda despide a tempada en Alcobendas con derrota por 11-6

Partido de trámite para o C.P. Cerceda na pista madrileña do C.P. Alcobendas onde acabou por ceder por un tanteo de 11-6, tras ir en algún intre do encontro con opcións de acadar algo positivo.

Nembargantes e aínda que non dependían de si mesmos, o C.P. Alcobendas tiña posibilidades de ascender, pero dependía doutro resultado. Eso motivou que o derradeiro partido para ámbolos conxuntos fose moi vivo dende o inicio, xenerando un magnífico espectáculo que agradeceron os afeccionados. Polo C.P. Cerceda marcaron Chus Gende (1), Pepe Barreiro (2) e David Torres (3).

Juan Copa comentaba o final do encontro que “houbo un bonito espectáculo motivado tamén porque os madrileños necesitaban unha diferencia de oito goles con respecto a nós, polo que os ataques foron constantes e de aí ese elevado número de tantos entre os dous equipos. Nos derradeiros minutos os madrileños xa sabían que non tiñan opción de ascender, o que motivou certa relaxación nos dous conxuntos”.

O C.P. Cerceda remata a tempada na 14ª posición con 7 victorias, 7 empates e 16 derrotas.

Previous post Entrada gratuíta para recibir a los Campeones de Europa (Liceo-Noia, sábado a las 18:15 horas)
Next post Un Liceo con resaca europea pierde ante el Noia en un partido intrascendente para los coruñeses

Deja una respuesta