NOTA DE PRENSA | PREVIO XORNADA 30
HÓCKEY A PATÍNS | PRIMEIRA DIVISIÓN
1 de xuño de 2012
O C.P. Cerceda pecha a súa andaina en Alcobendas
Non lle tocou un final de tempada doado ó C.P. Cerceda e aínda menos mal que tiña os obxectivos cumpridos desde hai varias xornadas, porque o derradeiro partido da competición no Polideportivo José Caballero Fundal (sábado 2 de xuño, 20:00 horas) é sumamente compricado.
O rival é o C.P. Alcobendas, que necesita gañar para tentar o ascenso á OK Liga. Curiosamente a este equipo os cercedenses gañáronlle na primeira volta por 5-2. Agora a situación de ambos é totalmente distinta.
Juan Copa, adestrador do C.P. Cerceda, di que “é un partido sumamente complicado, xa que os madrileños xóganse moito. Tentaremos facer o que poidamos para pechar a tempada do mellor xeito posible”.