NOTA DE PRENSA | XORNADA 22

HÓCKEY A PATÍNS | PRIMEIRA DIVISIÓN

24 de marzo de 2012

O Clube Patín Cerceda da a cara, pero só consigue o empate contra o Lleida Llista Blava

Encontro xogado de poder a poder entre o Clube Patín Cerceda e o Lleida Llista Blava, que viña de perder tres partidos consecutivos. Ó final, o empate fixo xustiza ó xogo despregado por ambos conxuntos, sobre todo nunha segunda metade vibrante na que os ataques se impuxeron ás defensas, con constantes ocasións de gol por ámbalas dúas bandas.

Malia que o C.P. Cerceda aguantou ben a embestida inicial do Lleida Llista Blava, cando só restaban 21 segundos para o descanso chegaba o gol catalán por parte de Marc Muntané. Un duro revés para o conxunto galego, que estaba xenerando moito xogo de ataque.

O conxunto de Juan Copa seguiu insistindo na reanudación, pero sen demasiada sorte cara o gol, pois os colexiados anulaban un gol local de José Ramón López no minuto 13 por introduci-la bola co patín. O C.P. Cerceda desaproveitaba mediado o segundo tempo unha superiorioridade de dous minutos tras ser expulsado un xogador do Lleida, fallando tamén tres faltas directas, dúas delas por parte do xuvenil David Rodríguez, en quen o adestrador local depositou a súa confianza e que fixo uns minutos moi bos.

Finalmente a sorte mudaba no derradeiro minuto de xogo e así a tan so 41 segundos para o remate do partido era Pepe Barreiro (foto inferior) o que acababa o gol local nun bonito e ben levado contragolpe, finalizando deste modo o encontro cun xusto empate de 1-1.

Juan Copa mostrábase moi satisfeito con xogo desenvolvido polo Clube Patín Cerceda e afirmaba ó remate que “a actitude dos xogadores foi moi positiva a pesar das baixas. Aínda que continuamos sen estar atinados no gol, puidemos sacar un punto ante un dos mellores equipos da categoría”.

Previous post Vuelve la OK Liga con el Liceo – Alcoy (hoy, 20 horas)
Next post El Coinasa Liceo sigue presionando al Barça tras vencer al Alcoy (6-3)

Deja una respuesta