NOTA DE PRENSA | XORNADA 24
HÓCKEY A PATÍNS | PRIMEIRA DIVISIÓN
15 de abril de 2012
O Clube Patín Cerceda sóbranlle dous segundos de partido nos que cedeu dous puntos
Malia as importantes baixas o C.P. Cerceda saiu ó parqué do Pavillón Presidente González Laxe coa intención de resolver pronto o encontro ante o C.P. Manlleu e así a insistencia daba o seu froito no minuto 8 do primeiro tempo, acadando José Ramón López o primeiro e único tanto do equipo galego.
A pesares de que a formación catalana apretaba no segundo periodo, os galegos defendíanse ben ante a presión do C.P. Manlleu, pero os últimos minutos foron moi asfixiantes por parte dos visitantes. Ámbolos dous equipos fallaban sendas faltas directas mentres que o C.P. Cerceda tamén desperdiciaba un penalti por parte de Chus Gende.
Nos 30 segundos finais o C.P. Manlleu facía un desesperado intento por empatar, polo que xogou sen porteiro e con cinco xogadores de campo. Tralo saque dunha falta, con só 2,1 segundos para o final, chegaba o gol do empate, empañando así en parte a grande actuación do porteiro local Iñaki Ojanguren (Foto superior), que debutaba neste partido.
Por outra banda, o equipo Xuvenil xa se clasificaba na noite do sábado, a falla da derradeira xornada do sector, para o Campionato de España. Tres victorias e un empate era o seu bagaxe, quedando pendente o encontro do domingo pola mañá.
3 comentarios en “O Cerceda perde dous puntos nos últimos segundos (1-1). Gran partido do porteiro Iñaki Oranjuren.”
Deja una respuesta
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.
Grande Iñaki!!!
Me encanta!! Se lo merece!!
Enormeeeee¡ Grande Iñaki Ojanguren¡¡