NOTA DE PRENSA | XORNADA 29
HÓCKEY A PATÍNS | PRIMEIRA DIVISIÓN
27 de maio de 2012
O C.P. Cerceda cede co C.P. Tordera nunha xornada de homenaxes
O C.P. Cerceda disputou a penúltima xornada de liga co seu derradeiro partido na casa ante o C.P. Tordera, cedendo finalmente por 3-6 no Pavillón Presidente González Laxe.
Os locais chegaban ó descanso cun marcador adverso de 1-2 a pesar de realizar un bo primeiro tempo con tanto local de Chus Gende. De novo o fallo nas faltas directas e algunhas accións puntuais volvían deixar ó C.P. Cerceda sen posibilidade de victoria, rematando o encontro cun desfavorable 3-6, con goles dos locais por parte de David Torres de penalti e José Ramón López.
Este foi tamén o derradeiro partido de Pepe Barreiro, a quen se lle fixo un homenaxe do mesmo xeito que ós equipos Junior e Xuvenil, que acadaban un éxito sen precedentes ó conseguir os subcampionatos de España cunha plantilla moi reducida para un clube tan pequeno e modesto como é o C.P. Cerceda.