(Prensa Patín Cerceda) Partido sen ningunha complicación para o C. P. Cerceda como queda demostrado co contundente marcador final de 7-0 ante o C. P. P. Raspeig, que apenas opuxo resistencia durante os 50 minutos de xogo. Aínda que non foi doado manter o tono, os de Juan Copa non baixaron a garda en ningún momento, dándolle incluso nos derradeiros nove minutos a oportunidade de xogar ó porteiro suplente Iñaki Ojanguren, entrando tamén ó final Cristian Caamaño.
Tardou o C. P. Cerceda en marcar o primeiro tanto, que chegaba no minuto 11, pero a partir dese intre caían outros tres case consecutivos, xenialidade incluida de Martín Payero no 3-0, que de novo estivo soberbio. Deste xeito, ó descanso xa lucía no marcador un claro 4-0.
Iñaki Ojanguren dispuso de alguns minutos no encontro de hoxe e ata parou unha falta directa
Na reanudación continuou a mesma tónica, aínda que os de Raspeig subiron liñas e tiveron moitas oportunidades, incluso a única falta directa do encontro, que detivo moi ben Iñaki Ojanguren. Tres tantos máis deixaban o definitivo 7-0 no que quizáis foi o partido máis doado de toda a temporada. Incluso o tanteo puido ser máis abultada, xa que os locais mandaron case unha decena de veces a bola ó ferro da portería alicantina.
O C. P. Cerceda segue líder a falla de tres xornadas, saíndo beneficiado da derrota do C. H. Mataró en Manlleu. Agora a diferencia co cuarto clasificado é de cinco puntos, que neste caso é o C. P. Alcobendas, que será o derradeiro visitante no González Laxe en tres semanas.