NOTA DE PRENSA
HÓCKEY A PATÍNS | CATEGORÍAS DE BASE
8 de abril de 2012
O equipo Júnior do C.P. Cerceda acada a clasificación para o Campionato de España
Nunha derradeira xornada de infarto, o equipo Junior do Club Patín Cerceda clasificouse para o Campionato de España da categoría que se celebrará do 4 ó 6 de maio na localidade asturiana de Grado.
A Fase Norte do sector disputouse desde o pasado venres ata hoxe domingo no Pavillón Presidente González Laxe de Cerceda. Na primeira xornada, o C.P Cerceda caía ante o C.P. Areces por 4-1, encontro celebrado na mañá do venres. Pola tarde disputábase a segunda xornada, na que venceu 11-0 ante o Biseca Gijón H.C.
O sábado houbo de novo dúas xornadas con dúas victorias máis para o C.P. Cerceda ante o F.M. Oviedo Roller por 6-5 e ante H.C. Liceo Coinasa por 5-3.
Chegábase á derradeira xornada na mañá do domingo na que podía pasar de todo, porque o C.P. Cerceda non dependía de si mesmo debido a gran igualdade existente, podendo incluso quedar fóra con 12 puntos. O C.P. Cerceda cumplía no partido que abría a xornada ó gañar ó A.C. Órdenes por 5-3, pero había que agardar ó resultado do H.C. Liceo Coinasa, que finalmente cedía ante o líder C.P. Areces por 7-5.
Deste modo tanto o C.P. Areces coma o C.P.Cerceda acadaban a clasificación para o Campionato de España como primero e segundo respectivamente nun dos sectores máis disputados e emocionantes que se recordan.
(Fuente: Prensa CP Cerceda)