NOTA DE PRENSA | PREVIO XORNADA 19

HÓCKEY A PATÍNS | PRIMEIRA DIVISIÓN

2 de marzo de 2012

O Clube Patín Cerceda visita ó líder ca importante baixa de Jorge González

Avaliado  por  unha  magnífica  xeira  de  resultados  nos  catro últimos  partidos,  con  tres  victorias  e  un  empate,  o  Clube Patín  Cerceda  afronta  mañá  sábado  (19:30  horas,  Lloret  de Mar),  un  dos  partidos  máis  complicados  da  tempada,  pois toca enfrontarse ó líder da categoría, o C.H. Lloret.   Pero non todo son boas novas para a formación adestrada por Juan  Copa,  pois  esta  semana  lesionábase  o  escafoides  dun pulso  Jorge  González,  un  dos  xogadores  máis  importantes  do equipo  coruñés.  “Lamentablemente  perdemos  a  Jorge  para  o que  resta  de  tempada.  Vai  ser  un  contratempo  importante, non  só  para  este  partido,  senón  para  os  que  restan”, comentaba Copa antes de partir hacia Cataluña.   Debido  á  baixa  de  González,  neste  desprazamento  viaxará  co equipo  Sergio  Huelves,  que  habitualmente  só  estaba convocado para os encontros de casa. O C.P. Cerceda tentará acadar  un  resultado  positivo  e  competir  co  líder,  aínda sendo conscientes da dificultade que entraña.

Previous post Antón Boedo analiza la semifinal de Copa entre el Liceo y el Noia
Next post El Barça elimina al Reus en un partido para el recuerdo (8-7) Fotos.

Deja una respuesta