NOTA DE PRENSA | XORNADA 18

HÓCKEY A PATÍNS | PRIMEIRA DIVISIÓN

25  de febreiro de 2012

O Clube Patín Cerceda segue sumando, pero non pasa do empate con FM Oviedo Roller H.C.

O Clube Patín Cerceda non puido pasar do empate con FM Oviedo Roller H.C. no partido disputado na tarde de onte sábado no pavillón Fernando González Laxe de Cerceda, finalizando cun tanteo de 5-5 logo de domiñar con claridade na primera metade.

O equipo dirixido por Juan Copa comezou controlando totalmente o encontro, sen apenas dar opción ós asturianos. Aínda que o primero gol tardou en chegar, pois houbo que agardar ata o minuto 20 cun tanto de Jacobo Mantiña, tres minutos máis tarde chegaba o segundo, tamén de Mantiña, logrando no mesmo minuto David Torres o terceiro para rematar así o primeiro tempo cun claro 3-0 no marcador.

A segunda metade iniciabase co cuarto gol ós dous minutos de xogo, froito  dun bonito contragolpe de David Torres, pero a partires dese intre o Oviedo pasou a controlar o xogo con dous goles consecutivos nos minutos 8 e 9 que colocaban o 4-2. O Clube Patín Cerceda reaccionaba cunha directa de Adrián Boo (foto superior, momento do gol de Adrián Boo) e así con 5-2  a falta de 12 minutos semellaba que estaba asegurada  a victoria a prol do equipo galego.

No citado minuto 13 e na seguinte xogada marcaba o terceiro o Oviedo. Se ben o Cerceda conseguía de novo o control da bola, os dous derradeiros minutos resultaron fatídicos, pois dous goles practicamente consecutivos no minuto  24 botaban ó traste todo o traballo anterior, finalizando cun 5-5 grazas a un segundo periodo no que o rendemento do equipo baixou bastante, o que serviu tamén para estragar una racha de tres victorias consecutivas, aínda  que segue invicto por cuarto partido seguido.

A próxima xornada será o sábado 3 de marzo enfrontándose ó C.H. Lloret  ás 19:30 horas en terras de Cataluña.

José María Guimaraens García-Ramos Previous post Un adiós muy sentido por todos
Next post Jornada de cambios en la Liga Gallega Femenina

Deja una respuesta