NOTA DE PRENSA | PREVIO XORNADA 22

HÓCKEY A PATÍNS | PRIMEIRA DIVISIÓN

23 de marzo de 2012

Difícil compromiso para o Clube Patín Cerceda ante o Lleida Llista Blava

Complicado partido o que afrontará o Clube Patín Cerceda  (sábado 24 de marzo, 18:30 horas) no Pavillón Presidente González Laxe ante o Lleida Llista Blava, cuarto clasificado pero que chega cunha bagaxe de tres derrotas consecutivas.

De feito Juan Copa, adestrador do equipo coruñés, destaca que son un magnífico equipo que ataca moi ben e conta con Luis Rodero, un dos mellores xogadores da categoría. Son o segundo equipo máis goleador, pero tamén recibe moitos tantos, polo que teremos que defender ben e aproveitar as nosas oportunidades”.

Polo tanto queda claro que o equipo catalán chegará a Cerceda coa imperiosa necesidade de buscar a victoria, baixo o risco que supón quedar afastado dos catro primeiros postos que otorgan o ascenso.

Seguramente será un bo partido, pois o C.P. Cerceda ten boas sensacións trala victoria do pasado sábado en Grado. Para esta convocatoria entra David Rodríguez, do equipo Junior, a quen se unen os habituais nos últimos encontros, Víctor Martínez do Xuvenil e Nando Parga do Júnior, nunha clara aposta por darlle minutos ós xogadores da base, pois Chus Gende e Jorge González continúan de baixa.

Prensa Clube Patín Cerceda
Previous post Duelo en la cumbre entre Compañía y Dominicos (Por Martín Barrós «Neto», Portero del AC Ordenes de Primera Nacional)
Next post Vuelve la OK Liga con el Liceo – Alcoy (hoy, 20 horas)

Deja una respuesta