A dous días do debut do Cerceda nesta Liga o adestrador do CP Cerceda dí que “xa temos gañas de comezar, pois fixemos unha pretempada longa a ademais adiamos o primeiro partido. Afrontamos a competición con ilusión e boas sensacións, polo que queremos iniciala con bo pé, se é posible gañando o domingo. O noso obxectivo é tentar xogar ben e pelexar, pois mantemos o bloque do ano pasado con un par de novidades como son Martín Barrós e Juan Fariza. Outro aspecto a destacar é que a liga será moi curta, xa que só hai doce equipos”.
O partido ante o Torderá é o domingo ás 12 do mediodía no Pabellón González Laxe de Cerceda.