NOTA DE PRENSA

5 de marzo do 2012

Dúas lesións merman o potencial do equipo de cara ó que resta de segunda volta

Dous contratempos importantes na última semana en xogadores titulares van mermar o potencial do Clube Patín Cerceda nos vindeiros compromisos ligueiros.

Restan aínda once partidos para que remate a liga de Primeira División e Juan Copa xa sabe que vai perder para o que resta a Jorge González, cunha rotura de escafoides que o manterá apartado do equipo.

No partido de Lloret tamén se lesionaba Chus Gende, outro dos xogadores importantes da formación coruñesa e titular habitual, coma no caso de González. Gende rompía un dedo no último partido de liga e tivo que ser escaiolado, por lo que alomenos estará seis semanas de baixa máis o tempo que lle leve facer a rehabilitación.

Copa espera contar con Gende nos últimos partidos de liga, pero está claro que as baixas poden mermar o bo xogo que acadou o Clube Patín Cerceda. De tódolos xeitos, os xogadores que entren na próxima convocatoria tentarán que estas baixas incidan o menos posible na magnífica actitude do equipo coruñés no último mes.

Prensa Clube Patín Cerceda

Previous post El CP Cerceda se proclama Campeón Gallego Junior 2011/2012
Next post Video resumen del partido Lloret 3 – CP Cerceda 1 (Primera División Nacional)

Deja una respuesta