(Fuente: Prensa Patín Cerceda)Cede a primeira plaza da categoría o C. P. Cerceda tralo seu empate co CP Manlleu no encontro da quinta xornada disputado esta mañá no Pazo dos Deportes Presidente González Laxe. A pesar de non poder gañar, os coruñeses xogaron un bo partido e, aínda que descenden á terceira posición, seguen a se-la única formación que se mantén invicta nestes cinco encontros celebrados.
A baixa de Martín Payero por problemas físicos lastrou en demasía ó conxunto local, que tivo afrontar o partido dun modo diferente. Nembargantes, a primeira parte remataba cun favorable 2-0 que deixaba o encontro encarrilado.
Na continuación o C. P. Manlleu logrou leva-la iniciativa e empataba o partido a pouco menos de dous minutos para o final. O C. P. Cerceda fallara anteriormente un penalti que saiu a lanzar Martín Payero, na súa única intervención, pero a mellor oportunidade chegaba a 90 segundos para o remate, cunha falta directa que tamén desaproveitaba David Torres.
Para Juan Copa, adestrador do C. P. Cerceda, as conclusións “son positivas a pesar de ceder dous puntos na casa, porque fixemos un primeiro tempo moi bo, aínda que no segundo baixou o ritmo de xogo, sobre todo en ataque, a pesar de que tres lanzamentos tocaron no ferro da portería dos cataláns, pero que ben pudieron rematar na rede. Agora a nosa preocupación é tentar recuperar a Martín Payero de cara o noso seguinte compromiso en Vilafranca o vindeiro domingo”.
Precisamente o Caixa Penedés P. Vilafranca era o único equipo que, ata esta xornada, permanecía invicto xunto ós coruñeses, pero os cataláns cedían ante o F. C. Barcelona, perdendo esa imbatibilidade.
Goles do partido
1-0 (minuto 8), David Torres
2-0 (minuto 14), Jorge González
1-1 (minuto 34), Roger Pujol
2-2 (minuto 49), Alex Prims