(Fonte: Prensa Liceo) O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, fecilitaron o venres ó equipo do Coinasa Liceo polo seu título dá Liga Europea. Durante una recepción ofrecida esa tarde ós integrantes do Coinasa Liceo no Pazo de Raxoi, o presidente da Xunta destacou o fito histórico por este equipo “sendo o mellor equipo de Galicia”, dixo. Feijóo, ademáis, expresou que este título do Coinasa Liceo representa un exemplo para as futuras xeracións de deportistas e amosou o compromiso do Goberno galego de apoiar o Hockey Club Liceo. Durante a recepción, Núñez Feijóo e José Ramón Lete Lasa, foron agasallados por parte da directiva do Coinasa Liceo cunha camiseta e sticks, e por o centro Liceo “La Paz”, os directores Don Carlos Pérez-Roca e Antonio Pintor cunha agasallo ao presidente Núñez Fiejóo. Así mesmo, o equipo foi agasallado cunha placa que rezaba: “Ao Hockey Club Liceo, con motivo do seus título de Liga Europea de Campións 2011-12”.