NOTA DE PRENSA
HÓCKEY A PATÍNS | CATEGORÍAS DE BASE
4 de maio de 2012
O equipo Junior do C.P. Cerceda disputa ata o domingo o Campionato de España
O equipo Junior do C.P. Cerceda atópase desde hoxe ata o domingo en Grado (Principado de Asturias) disputando o Campeonato de España da súa categoría.
O equipo galego está encadrado no Grupo A xunto ó F.C. Barcelona (co que perdeu esta mañá por 4-2), C.D. Gurutzeta e C.D. Santa María del Pilar. Esta tarde xogará outro partido mentres o terceiro disputarase na mañá do sábado. De cada un dos grupos clasifícandos dous equipos para as semifinais, que se celebran mañá pola tarde.