NOTA DE PRENSA | XORNADA 25

HÓCKEY A PATÍNS | PRIMEIRA DIVISIÓN

23 de abril de 2012

O Clube Patín Cerceda cede diante do colista

Os xogadores do C.P. Cerceda acusaron o longo desprazamento a Alicante así como as altas temperaturas na localidade levantina e cederon 3-0 ante o C.P.P. Raspeig nun encontro celebrado na tarde do pasado sábado. Tamén influiu a tensión que sofre o conxunto local, tentando librarse dos postos de descenso.

Os coruñeses tiveron mala sorte ó recibir o 1-0 no derradeiro minuto do primeiro periodo. Na segunda parte o xogo mellorou bastante, pero o fallo de tres penaltis e dúas faltas directas, situación que debe mellorar o C.P. Cerceda xa que se repite con certa frecuencia, evitaba calquer atisbo de mellora.

Os locais non desaproveitaban as súas ocasións e así grazas a dous penaltis colocaban o definitivo 3-0. Para Juan Copa o equipo non estivo mal na segunda metade, pero a expulsión de Adrián Vallina, que ademais estaba no banquillo, deixounos con tres xogadores de pista nos derradeiros minutos, polo xa nos deixou sen marxe de reacción”.

O equipo volve ter outro desprazamento o vindeiro sábado para xogar ante o que agora é o último clasificado, o San Antonio de Navarra.

Previous post Exposición de Xavier Magalhaes en Arte Imágen
Next post Al AC Ordenes le sobraron los últimos cuatro minutos en Oviedo (7-3)

Deja una respuesta