O Cerceda perde dous puntos nos últimos segundos (1-1). Gran partido do porteiro Iñaki Oranjuren.

NOTA DE PRENSA | XORNADA 24

HÓCKEY A PATÍNS | PRIMEIRA DIVISIÓN

15 de abril de 2012

O Clube Patín Cerceda sóbranlle dous segundos de partido nos que cedeu dous puntos

Malia as importantes baixas o C.P. Cerceda saiu ó parqué do Pavillón Presidente González Laxe coa intención de resolver pronto o encontro ante o C.P. Manlleu e así a insistencia daba o seu froito no minuto 8 do primeiro tempo, acadando José Ramón López o primeiro e único tanto do equipo galego.

A pesares de que a formación catalana apretaba no segundo periodo, os galegos defendíanse ben ante a presión do C.P. Manlleu, pero os últimos minutos foron moi asfixiantes por parte dos visitantes. Ámbolos dous equipos fallaban sendas faltas directas mentres que o C.P. Cerceda tamén desperdiciaba un penalti por parte de Chus Gende.

Nos 30 segundos finais o C.P. Manlleu facía un desesperado intento por empatar, polo que xogou sen porteiro e con cinco xogadores de campo. Tralo saque dunha falta, con só 2,1 segundos para o final, chegaba o gol do empate, empañando así en parte a grande actuación do porteiro local Iñaki Ojanguren (Foto superior), que debutaba neste partido.

Por outra banda, o equipo Xuvenil xa se clasificaba na noite do sábado, a falla da derradeira xornada do sector, para o Campionato de España. Tres victorias e un empate era o seu bagaxe, quedando pendente o encontro do domingo pola mañá.

Previous post Otro derbi gallego
Next post El A.C. Ordenes firma la permanencia con una goleada (8-4). Hat-trick de Gonzalo Louro.

3 comentarios en “O Cerceda perde dous puntos nos últimos segundos (1-1). Gran partido do porteiro Iñaki Oranjuren.

Deja una respuesta