«Imos tentar darlle minutos ós xogadores das categorías de base» Juan Copa (Entrenador del CP Cerceda)

NOTA DE PRENSA | PREVIO XORNADA 24

HÓCKEY A PATÍNS | PRIMEIRA DIVISIÓN

13 de abril de 2012

O Clube Patín Cerceda afronta a recta final

O C.P. Cerceda volta o Pavillón Presidente González Laxe para afrontar o treito final da liga en Primeira División enfrontándose ó C.P. Malleu (sábado 14 de abril, 18:30 horas), formación coa que se empatou na primeira volta.

A coincidencia da fase de sector xuvenil que se está a disputar no pavillón de Monte Alto de A Coruña implica que o equipo de Juan Copa non poderá contar con David Torres e Víctor Martínez, polo que entran na convocatoria David Rodríguez e Nando Parga, pois continúan as baixas de Chus Gende e Jorge González.

Precisamente a mirada está posta tamén estes días no equipo Xuvenil, nunha fase de sector que se iniciou esta mañá e rematará o domingo a mediodía. O C.P. Cerceda busca ser un dos dous equipos que se clasifiquen para o Campionato de España como xa fixo o Junior a pasada semana.

De cara ó partido contra o C.P. Manlleu, Juan Copa di que dada a nosa situación na clasificación, na que non podemos aspirar a moito máis nos sete encontros que restan, imos tentar darlle minutos ós xogadores das categorías de base. De feito mañá xogará como porteiro Iñaki Ojanguren, que será outra das novidades. O obxectivo é buscar a victoria para darlle unha alegría a nosa afección que sempre nos apoia”.

Previous post El Liceo viaja al infierno de Valdagno con la obligación de vencer
Next post Resultados Sectores Juvenil y Alevín (Actualizada 1 y 2ª Jornada)

Deja una respuesta