«Quedamos con algunhas cousas positivas, como o debut do porteiro xuvenil Martín Rodríguez» Juan Copa (Entrenador del CP Cerceda)

NOTA DE PRENSA | XORNADA 23

HÓCKEY A PATÍNS | PRIMEIRA DIVISIÓN

1 de abril de 2012

O Clube Patín Cerceda cede ante o Fergo Aisa Sant Feliu

Sendo conscientes de que era un partido moi complicado, o Clube Patín Cerceda recibía unha severa derrota por 10-3 na pista do segundo clasificado, un tanteo excesivo para o xogo despregado polos dous conxuntos, malia que os cataláns sempre foron superiores e mereceron a victoria.

Na primeira metade o conxunto galego deu a cara chegando ó descanso cun 3-1 esperanzador, marcando o tanto dos coruñeses David Torres. Nembargantes, na segunda parte mudaba a arbitraxe favorecendo ós locais, que se situaban a falta de 17 minutos cun 6-1 moi difícil de remontar. Aínda así, dous goles consecutivos de David Torres (de penalti) e Jacobo Mantiñán situaban a diferencia en dous tantos, pero os derradeiros minutos xa foron de cor netamente local ata acadar o definitivo 10-3.

Juan Copa, adestrador do C.P. Cerceda, estaba contento polo xogo despregado, pero afirmaba que “é un resultado demasiado abultado que podía ser certo pola diferencia que hai na clasificación e porque o Sant Feliu está xogando moi ben. Porén, penso que as decisións arbitrais foron rigurosas sinalando tres faltas directas e dous penaltis en contra que non lle facían falla ó conxunto catalán. Non obstante, quedamos con algunhas cousas positivas, como o debut do porteiro xuvenil Martín Rodríguez, xa que Adrián Vallina foi expulsado ó mostrarlle os colexiados o cartón azul”.

O C.P. Cerceda terá un descanso na Semana Santa volvendo a xogar no Pavillón Presidente González Laxe en dúas semanas.

Previous post Resultados Hockey Gallego
Next post Borbolla, Vigo Stick y Liceo no ceden en la lucha por el título

Deja una respuesta