NOTA DE PRENSA | XORNADA 20

HÓCKEY A PATÍNS | PRIMEIRA DIVISIÓN

11 de marzo de 2012

O Clube Patín Cerceda cede ante o C.H. Mataró por 4-5 tras un bo inicio

Unha mala segunda parte botaba pola borda o magnífico traballo do Clube Patín Cerceda no primeiro periodo, no partido disputado onte no Polideportivo Presidente González Laxe ante o C.H. Mataró, que soubo agardar o seu momento para endosar catro tantos consecutivos que serían decisivos.

Non parecía notar as baixas o equipo de Juan Copa cando no minuto 1 chegaba o primeiro gol por parte de David Torres. No 15 volvía a marcar Adrián Boo, cegando co 2-0 ó descanso e con un claro dominio do C.P. Cerceda.

No 5 do segundo tempo o equipo catalán marcaba o primeiro, pero un minuto máis tarde David Torres atinaba nun penalti e colocaba o 3-1. Era a partir do minuto 10 cando o C.P. Cerceda deixaba de controlar o xogo e así os cataláns pasaban do 3-1 ó 3-5 con tantos nos minutos 10, 14, 20 e 24, dous deles de faltas directas, algo que sería decisivo porque os locais desaproveitaban ata tres oportunidades de directas.

Xa á desesperada, David Torres marcaba o cuarto e o terceiro da súa conta, pero non quedaba tempo para empatar a pesar dos intentos locais no medio minuto final, rematando así cun tanteo desfavorable de 4-5 e a sensación de que se puido acadar polos menos un punto.

Previous post Resultados hockey gallego (femenino y masculino)
Next post Video Resumen del Vic 2 – Liceo 3

Deja una respuesta