“Temos que estar sumamente concentrados, xogue Payero ou non” Juan Copa (Adestrador do Patín Cerceda)

(Fuente: Prensa Patín Cerceda) O C. P. Cerceda visita unha pista complicada

Fariza, Jorge y Mantiñan presionan a un jugador del Torderá

Coa dúbida de se poderá contar con Martín Payero, xa que non está moi clara a súa participación o vindeiro domingo, o CP Cerceda viaxa á que quizáis sexa a pista más difícil da categoría, pois terá enfrente ó Caixa PenedésVilafranca, que é o principal favorito ó ascenso a OK Liga.

Juan Copa, adestrador do conxunto coruñés, di sobre o equipo catalán que ten un cinco inicial moi bo, máis de OK Liga que de Primeira División. Nós tentaremos traer algo positivo porque estamos nunha boa liña de xogo. Será un partido moi bonito de xogar pola nosa condición de invictos, aínda que deberemos estar sumamente concentrados, tanto se podemos contar con Martín Payero coma se non pode xogar.

O Caixa Penedés P. Vilafranca dispón de un dos mellores dianteiros da categoría na figura de Xavi Caldú, que estivo en Reus e que agora é o referente do cadro catalán xunto ó xoven valor Joan Vázquez.

Convocatoria C. P. Cerceda

Porteiros:Martín Barrós, Iñaki Ojanguren.

Defensas: Chus Gende, Jorge González.

Medios: Martín Payero, José Ramón López.

Dianteiros: Juan Fariza, Jacobo Mantiñán, David Torres.

Datos do partido

Domingo, 2 de decembro | 12:30 horas

Caixa Penedés P. Vilafranca-C. P. Cerceda

Previous post Carrera Popular San Silvestre
Next post Jornada 10: Previa OK Liga

Deja una respuesta