Antes do descanso que fará a competición durante o periodo do Nadal, pois a mesma non retornará ata a segunda fin de semana do mes de xaneiro, o CP Cerceda afronta o seu desprazamento máis longo de toda a tempada, tendo que acudir á localidade alicantina de San Vicente del Raspeig. O partido está programado para este sábado ás 20 horas e corresponde á octava xornada da Primeira División Nacional.

O Raspeig ocupa a penúltima praza da clasificación con seis puntos, despois de dúas victorias e cinco derrotas, e parece un rival propicio se o Patín Cerceda xoga como leva facendo dende que comezará a tempada. O adestrador gallego, Juan Copa non se fia do rival “debemos sair coa mesma intensidade e tensión da semana pasada, cando derrotamos ó líder. Para nós é moi importante traer os tres puntos para Galicia, xa que iso nos daría unha certa tranquilidade antes de voltar a xogar dentro de case un mes”.

Sergio Huelves sustitue a Martín Payero nesta convocatoria

O C. P. Cerceda ocupa agora a cuarta posición da clasificación provisional con catorce puntos, gañou catro partidos, empatou dous e perdeu en Vilafranca. A novedade na convocatoria é que nesta ocasión viaxa có equipo Sergio Huelves por Martín Payero, xa que o arxentino se atopa no seu país de orixe e ademáis está lesionado.

Convocatoria C. P. Cerceda

Porteiros: Martín Barrós, Iñaki Ojanguren.

Defensas: Chus Gende, Jorge González.

Medios: José Ramón López, Sergio Huelves.

Dianteiros: Juan Fariza, Jacobo Mantiñán, David Torres.

Goleadores do Patín Cerceda:

David Torres, 8 goles.

Martín Payero, 7 goles.

Juan Fariza, 3 goles.

José Ramón López, 2 goles.

Jorge González, 1 gol.

Previous post Dominicos, Compañía de María de Ferrol, Riazor, Escola Lubians y Compañía de María Coruña participarán en el OK Stars (benjamín y prebenjamín)
Cena de final de temporada del Club de Regatas de Perillo Next post Cena de final de temporada del Club de Regatas de Perillo

Deja una respuesta