«Nesta segunda volta melloramos moito con respecto á primeira» Juan Copa (Entrenador del CP Cerceda)

NOTA DE PRENSA | PREVIO XORNADA 23

HÓCKEY A PATÍNS | PRIMEIRA DIVISIÓN

30 de marzo de 2012

O Clube Patín Cerceda visita ó segundo clasificado

O Fergo Aisa Sant Feliu, segundo clasificado da categoría, é próximo rival do Clube Patín Cerceda (sábado 31 de marzo, 19:00 horas) en terras de Cataluña.

Sen nada que perder, o equipo galego afronta o encontro ante o campión da Copa Príncipe con moitas gañas, pois non hai nada que perder ante un dos mellores equipos da primeira división.

Juan Copa está moi satisfeito co rendemento dos seus xogadores nos últimos partidos a pesar das baixas, polo que “estamos dando entrada a xente das categorías de base e así neste desprazamento irá convocado como porteiro suplente Martín Rodríguez, que pertence ó equipo xuvenil. Nesta segunda volta melloramos moito con respecto á primeira e de feito, cando estamos no ecuador, xa nos aproximamos ó balance de puntos que fixemos na primeira metade da competición”.

Previous post «No nos podemos permitir ni un error» «Ni nos imaginábamos estar en esta situación a estas alturas» Manuel Togores (Jugador del Dominicos B de Liga Gallega)
Next post Una tarde para olvidar, derrotas de Liceo, Cerceda y Ordenes

Deja una respuesta