Juan Copa se apoia na canteira e convoca a Víctor Martinez e Nando Parga (Nota de Prensa)

NOTA DE PRENSA | PREVIO XORNADA 20

HÓCKEY A PATÍNS | PRIMEIRA DIVISIÓN

9 de marzo de 2012

O Clube Patín Cerceda quere seguir sumando a pesar das baixas

Mermado polas lesións da semana pasada, o Clube Patín Cerceda, que ocupa a undécima posición da clasificación, recibe no Pavillón Presidente González Laxe de Cerceda (Sábado 10 de marzo, 18:30 horas) ó séptimo clasificado, o C.H. Mataró.

Segundo o adestrador Juan Copa, “son un equipo da zona media-alta que se reforzou moi ben. No partido de ida perdemos 6-2, pero afrontamos o de mañá con optmimismo e coa intención obrigada de darlle minutos ós xogadores menos habituais, o que lles vén moi ben para gañar confianza”.

Para este partido entran na convocatoria dous xogadores das categorías de base, Víctor Martínez do equipo Xuvenil e Nando Parga do Júnior.

Precisamente antes do encontro de Primeira División Nacional disputaráse ás 16:00 horas no Polideportivo González Laxe o Clube Patín Cerceda-Compañía de María de Primeira División Autonómica. O equipo visitante é o líder da categoría mentres o C.P. Cerceda é cuarto.

O equipo Júnior, clasificado para o sector

A falta de dúas xornadas para o remate da Liga Galega, o equipo Júnior do Clube Patín Cerceda xa é campión, polo que está clasificado para o sector que se disputará en A Coruña cos do grupo de Asturias. De aquí sairán dous que irán o Campionato de España.

Prensa Clube Patín Cerceda

Previous post Conferencia sobre Historia y futuro del ferrocarril en Galicia
Next post Resultados hockey gallego (femenino y masculino)

Deja una respuesta